Bieito Dubidoso
Unha historia de amor e aventuras na Idade Media
A novela narra as azarosas e intrépidas aventuras de Bieito Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro; quen na compaña da súa inseparable Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Xoán, dono e señor da vila de Tui.
No 2013 a produtora Deboura Cinema levou Bieito Dubidoso ao cinema co título O pequeno mago. Esta longametraxe de animación foi dirixida polo propio Roque Cameselle.

Título: Bieito Dubidoso
Editorial: Edicións Xerais
Idioma: Galego
Encadernación: Tapa branda
Colección: Infantil e Xuvenil - Milmanda
Páxinas: 248
Ano de publicación: 2015 (1ª edición: 2003)
Ilustración da cuberta: Victor Leza
ISBN-10: 8499148034
ISBN-13: 978-8499148038
Mercar
O pequeno mago
Coa súa maxia, calquera desexo facíase realidade
Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como O Pequeno Mago. Xunto coa súa inseparable amiga Destreza embarcarase en innumerables e máxicas aventuras e enfrontarase ao poderoso bispo Xoán, señor e dono da cidade, que non lle perdoará que o deixase como un covarde diante dos seus vasalos.
Conseguirá O Pequeno Mago saír vitorioso na súa rivalidade con tan poderoso inimigo?
Este álbum ilustrado é unha adaptación do filme O pequeno mago producido por Deboura Cinema e dirixido por Roque Cameselle. Edicións Xerais publicou unha edición especial do libro na que se incluía o DVD da película en galego.

Título: O pequeno mago
Editorial: Edicións Xerais
Idioma: Galego
Encadernación: Tapa dura
Colección: Infantil e Xuvenil - Pequeno Merlín
Páxinas: 56
Ano de publicación: 2013
Ilustración de cuberta: Victor Leza
Ilustracións: Xevi Benítez
ISBN-10: 8499145094
ISBN-13: 978-8499145099
Mercar
O Pausiñas
Un retrato irónico da Galicia de posguerra
Un conxunto de relatos que cun humor afincado na tradición galega botan man de historias e xentes do Baixo Miño.
O Baixo Miño é o espazo onde se desenvolven ou teñen orixe estes relatos. Roque Cameselle emprega un humor costumista, celebrativo e lírico, e recupera a memoria histórica —a emigración, a guerra, a opresión— salferida de traxedias.

Título: O Pausiñas
Editorial: Editorial Galaxia
Idioma: Galego
Encadernación: Tapa branda
Colección: Descuberta
Páxinas: 160 páxinas
Ano de publicación: 2001
Ilustración da cuberta: Alfonso Sucasas
ISBN-10: 8482884751
ISBN-13: 978-8482884752
Mercar
A memoria de Tui
Memoria gráfica da cidade fronteiriza de Tui
Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas, tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernández (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gándara.
O material gráfico de A memoria de Tui vai precedido por unha evocación literaria da vila, preparada por Roque Cameselle. Un texto rico e moi documentado que constitúe unha viaxe paralela pola memoria da cidade.

Título: A memoria de Tui
Editorial: Edicións Xerais
Idioma: Galego
Encadernación: Tapa dura
Colección: Grandes Obras - Álbums De Postais
Páxinas: 96 páxinas
Ano de publicación: 2002
ISBN-10: 8483029111
ISBN-13: 978-8483029114
Mercar





Algúns dos relatos de Roque Cameselle foron publicados en volumes colectivos, tales como Ata que malle en min o mencer (1998), Os Viaductos (2001), Nun edificio e catro contos máis (2002) ou Alma de Beiramar (2003).