O Sinistro Sol Negro
Cómic escrito por Eugenio Cortegoso e Roque Cameselle, e debuxado por Javier Monsalvett. Sol Negro (Schwarze Sonne) foi un culto esotérico ao que pertenceron algúns altos membros das SS durante a Segunda Guerra Mundial. O cómic encádrase no xénero de terror. As súas referencias son H. P. Lovecraft e o thriller Angel Heart dirixido por Alan Parker.
A partir da primeira semana de setembro do 2017 o cómic publicarase online en entregas semanais.
Sinopse
Tras o achado dun corpo mutilado nun escuro canellón, a policía identifica á vítima como un coñecido astrofísico. Urika, a súa parella, non acepta que este morto e contrata a un detective privado. Harris é un sabuxo alcohólico e malhumorado. Acepta o traballo porque necesita o diñeiro non porque crea á desesperada muller. Pronto descobre que non é un caso normal e que todos os implicados ocultan un escuro segredo.