British Winters (2017)
Sinopse
Noel Winters séntese só este nadal. Só, malia estar rodeado de amigos e familia. Esta é a historia dun apático mozo, que xa non é tan mozo, tentando cambiar o seu estilo de vida. Desilusionado consigo mesmo e co mundo que lle rodea, atopará inspiración na súa irmá pequena, Hannah.
Formol 105 (2015)
Sinopse
Curtametraxe de animación 2D producido por Alberto e Roque Cameselle e dirixido por Martín Rodríguez. O filme, ambientado nunha asfixiante funeraria do século XIX, conta unha perturbadora historia de amor e terror.
O pequeno mago (2013)
Sinopse
Longametraxe de animación 2D escrita e dirixida por Roque Cameselle, baseada na súa novela Bieto Dubidoso. O filme, ambientado na Galicia medieval, está producido por Deboura Cinema.
Realizada coa técnica tradicional —que esixe o debuxo a man de cada un dos fotogramas—empregáronse 115.200 debuxos para dar vida aos personaxes e 1.120 fondos. A produción da longametraxe supuxo cinco anos de traballo.
O estilo dos debuxos d’O Pequeno Mago pódese encadrar dentro da corrente artística coñecida como liña clara. O seu máximo representante, por coñecido, é Hergé, o autor d’As aventuras de Tintín.
Mercar
O diario de Berto (2008)
Sinopse
O diario de Berto é un episodio piloto de animación 2D de doce minutos de duración.
Conta a historia dun neno moi imaxinativo que ao cumprir os oito anos decide escribir no seu caderno todas aquelas cousas fascinantes que lle suceden. A súa extravagante familia, o seu variado grupo de amigos e as súas disparatadas ocorrencias poñeranllo moi fácil.
Roque Cameselle, entre outros proxectos, tamén dirixiu as curtametraxes Memoria Indesexable, A moza do último, Soldado sen Fortuna e Amor Amantis. A principio de 2016 escribiu e dirixiu o videoclip de Aerolineas Federais: Telephone Zombi. O vídeo participou no Festival de Cans e foi nomeado a mellor videoclip nos premios Maketon de Los 40 principales.